A Mancomunidade retoma os talleres de estimulación cognitiva para maiores de 50 anos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da
cuarta edición dos talleres de estimulación cognitiva denominados Entrenando as
cabeciñas, dada a acollida e o éxito que tiveron durante as pasadas edicións, e tras o
obrigado parón pola pandemia da COVID-19. Trátase dunha actividade destinada a
persoas maiores de 50 anos, moi importante para fomentar as capacidades cognitivas e
un envellecemento activo e saudable.

Esta iniciativa será impartida polo Programa de Educación Familiar; e serán
as 3 educadoras familiares que forman o equipo as que se desprazarán a cada un dos 4
concellos integrantes para traballar áreas tan importantes como a linguaxe, a memoria, o
cálculo, a atención e as funcións executivas. A programación iniciarase no mes de abril,
seguindo a seguinte planificación:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • BEARIZ, CASA DO CONCELLO (Salón de actos), XOVES, de 10:30H a 11:30H
  • BOBORÁS, CENTRO SOCIAL A ALMUZARA VENRES, de 10:00H a 11:00H
  • IRIXO, CASA DO CONCELLO (Salón de Plenos) MARTES, de 10:00H a 11:00H
  • SAN AMARO, CASA DO CONCELLO (Salón de Plenos) MÉRCORES, de 10:00H a 11:00H

A actividade dará comezo o 18 de abril e, a pesar de que se farán os descansos
correspondentes o calendario escolar, está previsto continuar co seu desenvolvemento
ata o mes de xuño, sempre e cando se manteña a demanda da actividade.

Toda persoa interesada en participar debe comunicalo no seu concello, onde
formalizará a inscrición nesta actividade, totalmente gratuíta.