O BNG denuncia no parlamento o desleixo da Xunta nas obras do parque acuático de Monterrei o peche das piscinas durante todo o verán.

O BNG denuncia no parlamento o desleixo da Xunta nas obras do parque acuático de  Monterrei o peche das piscinas durante todo o verán.

Iago Tabarés denuncia a falta de dilixencia da Xunta ante a  paralización das obras do  parque acuático de Monterrei e o peche das piscinas durante toda a época de verán que privan a toda a comarca de Ourense dun dos principais e escaso espazos de lecer en época estival.

AVANTAR ACTIVIDADES

O voceiro do BNG do  Pereiro de Aguiar amosou a súa preocupación ante a situación na que deixa a Xunta de Galiza a toda a veciñanza do seu concello. 

Ourense, 22 de xuño de 2022 .O deputado do BNG, Iago Tabarés, denuncia ante o parlamento galego que  transcorridos oito meses dende a formalización do contrato e xa que logo cando as obras tiñan que estar rematadas e a dispor da veciñanza, resulta que a Xunta de Galiza por desencontros coa adxudicataria non só anuncia a resolución do contrato, senón que as piscinas do Complexo de Monterrei van estar pechadas durante todo o verán.

 Tabarés sinalou que o principal proxecto da Secretaría Xeral para o Deporte na provincia de Ourense, o parque acuático, que se desenvolve nun dos escasos espazos lúdicos da comarca de Ourense, as piscinas de Monterrei,  provoca que dous mil rapaces e rapazas veranse privados dun dos poucos espazos públicos de lecer cos que conta unha comarca que en verán frecuenta os 40º de temperatura.

 “Todo polo desleixo da Xunta de Galiza, que leva agochando a paralización das obras do parque acuático de Monterrei desde marzo de 2022, cando xa tiña que estar executada nun 80% e resulta que só o está nun 14%.”

A actitude da adxudicataria, suspendendo no mes de marzo a execución da obra esixía a inmediata intervención da Xunta, de ser esta medianamente dilixente, polo que agardar máis de tres meses (case a metade do tempo contratado para a total execución da obra) para tomar unha decisión sobre a paralización das obras, evidencia ou ben unha total falla de capacidade na xestión dos recursos públicos, ou ben un desleixo absoluto na atención das necesidades da poboación, que é quen pode sufrir as consecuencias da inoperancia da Xunta de Galiza. 

 “A Xunta non foi quen de negociar, a xunta non foi quen de velar pola execución do contrato, e a día de hoxe a realidade é que no inicio do verán dous mil ourensáns e ourensás veranse privados deste espazo.”

O voceiro do BNG do Pereiro de Aguiar, Rubén García,  amosou tamén a súa preocupación pola situación na que a Xunta deixa á veciñanza, non só do seu concello, senón de toda a comarca. “Esté un espazo onde todos os anos podíamos disfrutar toda a veciñanza do verán, porén a Xunta deixará esto sen ningún tipo de saída nen solución.”Foi o pasado mes de setembro cando a Xunta de Galiza, por medio da Secretaría Xeral para o Deporte directamente dependente da Presidencia do Goberno, formalizou o contrato de obras para a construción da 1ª FASE DO PARQUE ACUÁTICO NO COMPLEXO LÚDICO DEPORTIVO DE MONTERREI, CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR (OURENSE), por un importe de máis de 4.7 M€, IVE incluído. O prazo de execución da obra estabelecíase en 8 meses, polo que a día de hoxe xa debería estar aberto ao público e en funcionamento