Manuel Baltar: “o domingo os ourensáns poderán escoller entre dous modelos de facer política: a experiencia fronte aos experimentos”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • O presidente provincial afirmou con rotundidade que “non quero un goberno de Villarinos que só se preocupen por solucionar o seu, buscar cotas de poder e poñer trabas á reconstrución económica e social de Ourense, impedindo coas máis sucias estratexias a xestión en concellos nos que goberna o PP e na Deputación”.
  • Marisol Díaz, cabeza de lista, defendeu que “Ourense e Galicia merecen uns representantes que non estean contra ninguén, senón con aqueles que máis o necesitan, hoxe máis que nunca; e que gobernen desde o sentidiño e a experiencia, moito máis interesados no que queda por facer e non polo xa feito”.

O claustro barroco do mosteiro de Celanova foi, unha vez máis, o escenario escollido polos populares ourensáns para pechar a campaña das eleccións galegas, logo dun mitin celebrado no concello limián de Trasmiras e da visita á capital do presidente do PPdeG e candidato á revalidar a presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O presidente provincial, Manuel Baltar, asegurou ante os militantes e simpatizantes en ambos os dous mítines que “o domingo os ourensáns poderán escoller entre dous modelos de facer política, a experiencia de Feijóo fronte aos experimentos dunha ducia de partidos que só pensan en repartirse Galicia e Ourense”.

Manuel Baltar apelou á movilización dos populares no próximo domingo, “igual que nestes quince días o PP de Ourense mobilizouse por toda a provincia e por todos os barrios da capital para pedir en preto de 200 actos un novo voto de confianza para a cuarta maioría de Feijóo”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial amosouse “absolutamente convencido de que a xornada electoral discorrerá coa normalidade que sempre coñecimos nun día de votación, coas máximas garantías de seguridade nos locais electorais”, polo que animou á veciñanza “a decidir un futuro de certeza para Ourense e Galicia ou a reedición do multigoberno que estamos a sufrir en Madrid”.

Con total rotundidade, Baltar afirmou que “non quero un goberno de Villarinos que só se preocupen por solucionar o seu, buscar cotas de poder e poñer trabas á reconstrución económica e social de Ourense, impedindo coas máis sucias estratexias a xestión en concellos nos que goberna o PP e na Deputación”.

Manuel Baltar pechou esta campaña electoral pedindo de novo o voto para Feijóo, “para unha política referendada polos ourensáns en 2009, 2012 e 2016, e á que queremos contribuír neste 2020”.

MARISOL DÍAZ: “ESTAMOS PREPARADOS PARA POÑERNOS A TRABALLAR O 13 DE XULLO, SEN PERDER O TEMPO QUE NON TEMOS”.

Marisol Díaz, cabeza de lista por Ourense, asegurou pola súa banda que tanto ela como os seus compañeiros de candidatura están preparados “para poñernos a traballar o mesmo 13 de xullo, aproveitando cada minuto para seguir reforzando os servizos públicos e destinando recursos contra a pandemia económica e social, sen perder o tempo que non temos”.

Un compromiso con Ourense, con Galicia e con Feijóo, dixo, “para recuperar o crecemento económico, para que esta sexa unha terra innovadora, máis familiar, máis verde, sustentable e ordenada, que apoia aos residentes no exterior, e defende a nosa lingua e cultura”.

“Ourense e Galicia merecen uns representantes que non estean contra ninguén, senón con aqueles que máis o necesitan, hoxe máis que nunca; e que gobernen desde o sentidiño e a experiencia, moito máis interesados no que queda por facer e non polo xa feito”, engadiu Díaz, para rematar dicindo que o 12 de xullo “quero deitarme coa certeza de que Ourense e Galicia teñen futuro, que sabemos cara onde camiñamos”.

En Trasmiras e Celanova participou ademais o número tres da lista, José González, tamén conselleiro de Medio Rural, que destacou os eixos da programa do Partido Popular neste ámbito, entre os que citou a reestruturación parcelaria e a posta en produción das terras, as aldeas modelo ou os polígonos agrogandeiros e forestais, todo elo vencellado a un produto de calidade, con atención á promoción e comercialización e a implicación dos mozos.