O Carballiño volve a baixar ata os 11 contaxios e Cea xa descendeu ata os 12

O Carballiño preocupaba onte cunha subida ata os 14 contaxios, que se reverteu hoxe grazas ás altas, para situarse de novo nos 11 contaxios. Aínda así, a comarca estabiliza os casos polas baixadas noutros concellos, baixando ata os 27 casos totais.

Publicidade

O foco preocupante, pola idade dos pacientes, segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai quince días e que a día de hoxe xa baixou ata os 12 casos activos, dous casos menos ca onte. Nesta fin de semana os casos reducíronse dende os 21, co que xa comeza a amosar unha evolución positiva.

Boborás mantén os dous contaxiados dos últimos días. O Irixo pasa de non ter ningún caso a sumar hoxe un positivo. Piñor mantén un único contaxiado.  No caso de Maside, Beariz, Punxín e San Amaro, mantéñense libres de coronavirus.