O Bng presenta alegacións ao expediente de orzamentos do ano 2021

IES CHAMOSO LAMAS

A voceira do BNG enmenda os orzamentos municipais do Carballiño, por inadecuados e obsoletos, para facer fronte á realidade social e económica provocada pola COVID.

O BNG presenta un conxunto de enmendas ao expediente dos orzamentos do ano 2021. “Tal e como xa denunciamos no pleno de aprobación, non se axustan á realidade social e económica que a COVID-19 nos impuxo” declara Sofía García, voceira do BNG do Carballiño. “Son unha simple copia e pega dos orzamentos deseñados para o ano 2020”. 

HIPER MASIDE

Estes orzamentos están claramente pensados para cando a realidade era outra diferente e non afrontabamos as consecuencias dunha pandemia. “Non inclúen partidas dirixidas ao apoio a autónomos, hostaleiros,  ás pequenas empresas do noso comercio local, nin as familias máis vulnerables”, relata a voceira municipal, que continua  decindo  que “estas razóns que xa eran suficientes para  xustificar un voto negativo a estes orzamentos. Pero ademais tratase duns orzamentos que careceron do máis mínimo diálogo social ou consenso institucional, no que a oposición non tivo cabida nen moito menos o movemento veciñal, nin asociacións, nen os sectores económicos locais máis golpeados por esta pandemia.” 

Nas alegacións presentadas polo BNG a este expediente de orzamentos, demandase o aumento da subvención ao Centro Comercial Aberto até os 50.000€, para a promoción do comercio local, a plataforma de comercio on-line e para dinamización comercial.  “O Centro Comercial Aberto foi o que estivo traballando durante todo o 2020 e continuará en 2021 polo comercio do Carballiño, non só polos seus asociados, senón por todo o comercio do Carballiño, xestionando as tarxetas “bono comercio” e xestionando a plataforma on-line” di García.

Xunto a esta, o BNG tamén demanda 40.000 € para o fomento da empregabilidade na vila do Carballiño, “nun momento no que o desemprego vai en aumento” e 141.200€ en subvencións ás familias.  “O perfil de todas aquelas persoas que precisan unha axuda mudou, así como as necesidades ás que teñen que facer fronte as familias de forma urxente e moitas veces de xeito imprevisible que se están dando nestes intres”.  

E con cargo ao remanente os nacionalistas demandan un millón de euros en axudas aos autónomos e PEMES para paliar na medida das posibilidades os efectos da pandemia que está a padecer o noso tecido económico.  

“Para o BNG do Carballiño a máxima prioridade deste momento é crear un escudo social para as familias e para os principais sectores económicos locais damnificados por unha crise económica sen precedentes e de consecuencias traumáticas que compre atallar desde xa con estas modificacións orzamentarias” manifesta a voceira do BNG do Carballiño.

PUBLICIDADE