O Irixo rendeu homenaxe á Virxe da Pena da Sela, con procesión e misa

A romaría da Pena da Sela tivo lugar onte, día 4 de xullo. A pesar da situación sanitaria, puido celebrarse unha pequena procesión na contorna da carballeira do monte da Pena da Sela (Saavedra, Dadín). Aínda que este ano non se puido celebrar a chamada “A baixada da Santa”, dende a capela á igrexa parroquial e tampouco a procesión tradicional ó longo da estrada que comunica O Carballiño con Lalín.

Aínda que á misa acudiu un número grande de persoas, a comida tradicional na carballeira non contou con apenas xente, salvo algunha familia.

AVANTAR ACTIVIDADES

As condicións sanitarias merman a afluencia ás romarías polo que dende o sector non saben como se presentará este verán a nivel de vendas.