Cea confirma dous casos positivos de coronavirus

Un evento familiar, celebrado fai uns día, deixa dous positivos en Covid-19 no concello de Cea, que xa están aillados no seu domicilio, polo que dende a adminsitración local afirman que faise fundamental actuar en consecuencia, para intentar controlar na medida do posible a situación.

Dende o concello recordan que é moi importante, en caso de ter tido contacto cos afectados, poñerse en contacto vía telefónica co centro de saúde no teléfono 988282401 para considerar a posibilidade de facer o test PCR. A administración prega responsabilidade a todos, non baixar a garda, e ser escrupuloso nas medidas que se deben cumplir e as recomendadas: uso de máscara sempre, distancia social, boa hixiene de mans, evitar reunión de máis de 10 persoas, entre outras.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende a administración tomaron as seguintes medidas: pechar as Piscinas Municipais, precintar parques e recintos de ocio, manter sen actividade todos os edificios Municipais á excepción do Concello (acudir so en caso de necesidade urxente), manter suspendidas de forma indefinida todas as actividades culturais organizadas polo concello e proceder a desinfección de puntos de maior concorrencia de persoas e de mobiliario público.

O CARBALLIÑO, SEGUE ESTABLE

O servizo sanitario da comarca do Carballiño mantén o seguimento de 16 casos de coronavirus que pertencen aos tres brotes xa rexistrados; o primeiro que comezou a través dunha persoa que viña de República Dominicana, que permanece estable en 4; outro que comezou este xoves pasado cunha moza de 16 anos do Carballiño, que ten 6; e outro mais que se iniciou en Ourense e que ten 6 tamén. Estase a espera de coñecer os resultados das probas feitas ós contactos localizados a través do rastreo que segue activo.

Na comarca do Ribeiro, mantéñense en 4 os pacientes con coronavirus do brote do concello de Avión.

OURENSE

Na Area Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hai activos a día de hoxe 179 casos positivos. Do total desta cifra, 5 están ingresados en planta e 1 paciente en UCI e 173 a seguemento a domicilio. O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 2.226 con 1.913 curados e 134 falecementos.