O Centro Sociocomunitario prepara unha ampla programación de Nadal

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro Sociocomunitario prepara unha ampla programación para estas datas de Nadal. En especial terán dous talleres familiares, para nenos sós ou acompañados de pais, avós…;un de xabóns navideños, que se repetirá para todos os públicos e un de bolsas creativas e reutilizables de Nadal.

Terán tamén un obradoiro onde non só é protagonista o Nadal, senón tamén o pulpo, emblema do Carballiño, pois decorarán para a ocasión platos de pulpo. Tamén animan a todos os usuarios-as a acompañarnos á cea do 17 de decembro, cos monitores das actividades.

E para o baile dos domingos e festivos, que recordan que se reproduce música na sala do Centro a partir das 17:30, teñen unha novidade para o domingo 18, pois a música será desta vez en directo a través do Dúo Explosión. 

O venres 30, despedirán o ano cunha actuación navideña do primeiro grupo de baile do Centro Sociocomunitario.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------