Cortegada adhírese ó programa de compostaxe

O Concello de Cortegada adheriuse ao programa de compostaxe doméstica da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA). Para realizar dito programa, SOGAMA entregou ao concello 40 composteiros que constitúen unha cesión da empresa pública que ten por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Os interesados en solicitar un dos 40 composteiros deberá cumprir os seguintes requisitos:

AVANTAR ACTIVIDADES
  • Ter coñecemento do programa de compostaxe doméstica.
  • Estar empadroado no Concello de Coristanco, ter segunda vivenda no concello (xustificar) ou ter sede social no Concello.
  • Comprometerse a asistir a unha xornata formativa de compostaxe doméstica, na cal se lle entregará o composteiro asignado e un manual de compostaxe.
  • Permitir o seguimento do proceso de compostaxe, así como divulgar o resultado.

Os composteiros serán asignados por orde de rexistro de entrada. Para iso o solicitante deberá cumprimentar o formulario “SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA” e entregalo por algunha destas vías:

  • Rexistro Xeral do Concello, situado na Casa Consistorial
  • Sede electrónica do Concello
  • Rexistro Electrónico Comúnn (REC)

O prazo de solicitude e dende 1 ao 15 de setembro, ambos inclusive. Crearase unha lista de agarda se houbese mais de 40 solicitudes que se empregará no caso de que SOGAMA cedera mais composteiros ao Concello ou se producira algunha baixa.