Espazo Común critica a tardanza na xestión do Servizo de Axuda no Fogar

Dende a formación aseguran que despois de incontables rectificacións, xa se tivo que ampliar o día 28 de xullo o prazo fixado en pleno e dende onte día 25 o concurso aparece na Plataforma de Contratación coma anulado. Dende Espazo Común esiximos ó goberno explicacións inmediatas pola nefasta xestión dun contrato que se vai a 4.500.000 €.

A formación recalca que a situación actual na xestión dun servizo público da importancia do de axuda no fogar, do que dependen un bo número de persoas e familias é unha clara mostra do “desastroso funcionamento do goberno de Fumega”, aseguran.

AVANTAR ACTIVIDADES

A formación explica que despois de manter en precario, co contrato vencido, durante 20 meses, á empresa adxudicataria, no mes de maio o PSOE levou a pleno a aprobación dun novo concurso, afirmando que o alcalde incumplía unha vez máis a súa propia palabra e esquecendo o compromiso de remunicipalizar dito servizo.

Na sesión do 12 de maio aprobáronse uns pregos que dende Espazo Común xa advertiron que contiñan erros e irregularidades. A pesares dos avisos feitos, afirman que o rexedor decidiu continuar adiante e pasar o rodillo da súa maioría absoluta. Destacan que só un mes despois, o 17 de xuño tivo que voltar a levar os pregos a pleno cun importante número de correccións.

Dende esa data, o único requisito que faltaba era subir os pregos aprobados á Plataforma de Contratación do Sector Público para que as empresas interesadas poideran comezar a presentar ofertas. Dende a formación aseguran que este é un traballo que levaría apenas unhas horas, e critican que vai xa por tres meses e medio para que o Concello do Carballiño complete o trámite.

A día de hoxe, a páxina para facelo, que leva pendurada da páxina dende o 10 de xullo xa foi rectificada o día 28, o que implicou unha obrigada ampliación do prazo legal para a recepción de ofertas e no día de onte, 25 de agosto aparece o concurso coma anulado.

Dende Espazo Común demandan á concelleira responsable, Guadalupe Sobrado, e ó alcalde Fumega que dean explicacións de xeito inmediato.