A vacina chegará ós maiores de 80 anos a finais do mes de febreiro

Ata a xornada de onte, 1.839 traballadores dos centros sanitarios de Ourense contan xa ca segunda dose da vacina fronte a covid. Durante toda a xornada de hoxe seguiron administrándose doses no Hospital Universitario de Ourense para o persoal de primeira liña e de atención primaria, para rematar ca campaña. A próxima semana iníciase a fase dúas  ca vacinación do resto de profesionais dos hospitais.

Publicidade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que a próxima semana chegaríase ó 95% de vacinación don dúas doses nas residencias de maiores. Prevese ademais finalizar a vacinación do persoal sanitario de primeira liña o 15 de febreiro. A finais do mes de febreiro será a quenda do seguinte grupo: traballadores e usuarios de centros de día e persoas maiores de 80 anos.