O Xulgado social 3 declara inxustificada a modificación sustancial de condicións de traballo adoptada pola Deputación

O pasado día 19 de xuño este xulgado dictou a sentenza pola que a Deputación Provincial de Ourense queda obrigada a manter as anteriores condicións laborais tanto en horario como en distribución de tempo. Estas modificacións foron comunicadas a varios traballadores do lixo que prestan servizo no Carballiño e San Cibrao das Viñas mediante decreto entregado o día 13 de febreiro de 2020.

Unha vez máis temos que ver como deben ser os tribunais os que corrixan as decisóns arbitrarias e inxustas do Presidente da Deputación Provincial, que pensa que a democracia e a xestión dunha empresa pública consiste en decretar actuacións que non están informadas previamente polos responsables correspondentes ou polo menos os traballadores non eran coñecedores de informe algún.  

AVANTAR ACTIVIDADES