A Deputación habilita o Pazo de Deportes como centro de apoio a transportistas e persoal na loita contra o Covid-19

IES CHAMOSO LAMAS

A Deputación de Ourense habilitará a partir de mañá venres o Pazo de Deportes Paco Paz -a maior infraestrutura deportiva da provincia de Ourense- como centro de apoio a transportistas e persoal esencial, durante o tempo que dure o estado de alarma por causa da crise sanitaria do coronavirus. Segundo confirmou esta tarde o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, este recinto deportivo está ultimado os preparativos co apoio das brise pon desde mañá a disposición dos profesionais do transporte e persoal implicado na prestación de servizos esenciais, ofrecéndolles servizos de hixiene e catering, este último ofrecido pola asociación de ámbito social Aixiña, a cargo da Deputación de Ourense.

Manuel Baltar destaca que esta medida, que se integra dentro das iniciativas que está a desenvolver a Deputación de Ourense na súa loita contra a pandemia do coronavirus, ten como obxectivo ofrecer un lugar destinado á hixiene persoal, así como ao descanso e manutención básica, para estes profesionais que están a dar o mellor en favor da cidadanía no momento máis duro da crise do Covid-19

HIPER MASIDE

Os servizos que se ofrecerán son os de aparcadoiro, duchas, zonas de descanso e catering (con bebidas frías e quentes e comida rápida). As persoas destinatarias son: transportistas en rutas local, provincial e nacional; membros das forzas e corpos de seguridade do Estado (UME, Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil, Protección Civil e seguridade privada) e o horario será de 6 da mañá a 11 da noite, ininterrompidamente. Mañá venres a apertura será ás 12.00 horas.

O acceso habilitarase pola zona norte do pavillón principal, fronte á parada do autobús urbano, pola entrada de deportistas. E no que se refire á atención e custodia da zona, realizaranse por quendas por parte do persoal de Pazo de Deportes, coas debidas medidas de protección.