Luis Menor recibe á directiva do Liceo de Ourense e ratifica o apoio da Deputación para manter “todo o tecido cultural e social que xira en torno a esta entidade”

Reunión Luis Menor (Presidenta da Deputación de Ourense) con Javier Casares Mouriño (Presidente do Liceo Recreo Ourensán) acompañado de Manuel Jaime Martínez Rapela (Vocal) e José Luis Troitiá Mota (Xerente do Liceo).

O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu esta mañá no Pazo Provincial á directiva do Liceo de Ourense, encabezada polo seu presidente, Javier Casares, que explicou o labor cultural e social que está a desenvolver esta entidade, tanto para o seus socios como para a sociedade ourensá en xeral.  

O presidente provincial ratificou o apoio da Deputación e a cooperación activa con esta institución centenaria, cunha gran implantación social e defensa dos valores culturais de Ourense, que se plasmará coa aportación da Deputación para axudar ao funcionamento do Liceo, así como con axudas para diferentes obras necesarias para conservar o edificio nobre e a súa funcionalidade. “A cooperación que brindamos desde a Deputación ten como fin posibilitar que todo o tecido cultural e social que xira en torno ao Liceo de Ourense se manteña e poidan seguir a desenvolver o seu traballo as entidades que alí teñen acollida”. recalcou Luis Menor. 

AVANTAR ACTIVIDADES