A Festa da Istoria terá un concurso online de vestimentas

IES CHAMOSO LAMAS

Todas as actividades da Festa da Istoria están suspendidas, non haberá Desfile, nin Baile Medieval, nin Torneo, nin Xadrez Vivinte, nin Voda Xudia, nin Carreira de Pipotes…

Dende a Coordinadora piden responsabilidade e que se cumpran as normas de seguridade e sanidade da COVID-19 nas xuntanzas que se teñen pensado facer, ben de famílias ou de amigos/as.Recordan que Non é recomendable xuntarse máis de 10 persoas.

Pero para este ano, a asociación Gastrafetes, que colabora ca organización da Festa da Istoria, anuncia a IV edición do concurso de vestimentas, que será este ano en versión online.
O obxectivo deste concurso é manter en pé o espíritu de ambientar ese día tan especial, animar as xentes da vila, visitantes e “fans“da “Festa da Istoria” a mellorar a ambientación e o rigor histórico das vestimentas.
Para participar este ano haberá que subir un vídeo cos mellores traxes e realizar inscrición vía online a través do correo electrónico grupogastrafetes@gmail.com con data límite ata o sábado 29 Agosto, con hora límite ás 23:00 horas. O asunto do correo que enviedes terá que ser: Inscrición IV certame de vestimentas medievais. No correo debe aparecer a categoría na que se vai a participar, nome, temática , un teléfono de contacto e correo electrónico. Para os grupos será preciso ademáis facilitar un nome do grupo, temática e as persoas integrantes. Subir un vídeo de máximo 60 segundos a plataforma Facebook coas etiquetas @festadaistoria  e @GrupoGastrafetes e o hastag #semanaculturalfestaistoria2020
As bases completas do concurso poden consultarse en:
https://drive.google.com/file/d/1KhqTXH1fQo04wEqbM8SrzXjopeT67Nap/view?usp=sharing