Arnoia contará cun parque público e cun polígono empresarial como armas de dinamización económica e social. O alcalde, Rodrigo Aparcio, reuniuse ca conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para falar sobre a continuidade destes proxectos. O polígono, segundo o acordado na reunión, terá unha superficie de cinco hectáreas e servirá para atraer inversión privada.

O outro proxecto é o parque de Outeiro Cruz, que potenciará o entorno no que se atopa a igrexa parroquial, o centro da terceira idade e o auditorio municipal.