A biblioteca acolle un obradoiro de lectura este venres

O próximo 4 de setembro ás 12 da mañá  haberá un obradoiro diferente e divertido dentro do programa “Ler conta moito”.Trátase da actividade “Unha nena que sabía moito de cans”, impartido por ENCANTO. Esta actividade está dirixida tanto a colectivos especiales como a nenos-as de 3-12 anos.

Para inscribirse deberase chamar ó teléfono da Biblioteca Pública Municipal 607062626, ou ben enviar un email biblioteca @carballino.gal  ; no Facebook da biblioteca pública municipal  ou no whatsapp  669645044.

AVANTAR ACTIVIDADES

Haberá límite de prazas e darase prioridade por orde de inscrición, ata cubrir aforo, reducido e coas medidas adaptadas ó COVID-19.