A planta carballiñesa de Dizmar constrúe o novo hospital para epidemias de Valdebebas

A planta do Carballiño do Grupo Dizmar atópase nun período de plena actividade. Estes días saíron en transporte por estrada as dúas primeiras seccións para a ponte de Veldebebas, en Madrid, e traballa arreo na elaboración da estrutura metálica do novo hospital para epidemias da Comunidade de Madrid.

O centro sigue o modelo de Ifema e contará con tres pavillóns de 7.400 metros cadrados cada un. Está ubicado na Cidade da Xustiza, xunto a Ifema e o Aeroporto de Madrid-Baraxas Adolfo Suárez. A superficie total do novo hospital acadará casi os 40.000 metros cadrados organizados en tres pavillóns de 7.400 metros cadrados cada un, un centro loxístico/almacén central do Servizo Madrileño de Saúde (Sermas), de 7.900 metros cadrados; unha avenida peonil, un área administrativa polivalente, unha central de instalación, un memorial para as vítimas do Covid-19 e un monumento dedicado aos profesionais santarios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este centro, que disporá de máis dun millar de camas e 48 postos de UCI, está previsto que se conclúa este próximo outono, polo que a planta de Dizmar do Carballiño traballa intensamente na elaboración da súa estrutura metálica, que lle foi encargada pola Comunidade de Madrid.