O centro educativo de Cenlle, ca ANPA e o concello, preparan o protocolo para o inicio do curso

Representantes do Concello de Cenlle, encabezados polo Alcalde, José Manuel Rodríguez Lamas, e da ANPA, reunironse onte coa Directora do CEIP Carmen García Carrasco, para ultimar de modo coordinado os detalles do inicio do curso escolar, para asegurar, deste xeito, unha volta ao cole segura. Esta volta produciráse de xeito escalonado entre os días 10 e 16 dependendo do nivel educativo.

Publicidade

Entre outros temas, nesta reunión estableceuse o protocolo de limpieza e desinfección das estancias do centro durante o periodo lectivo e acordouse continuar co servizo de madrugadores que ven ofrecendo dende fai dous cursos e que permite aos veciños e veciñas de Cenlle conciliar a vida laboral e persoal.