A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cea conta con 10 novos candidatos

A agrupación de San Cristovo de Cea, con pouco mais dun ano de vida, conta xa con 20 voluntarios con formación regrada, e outros 18 rexistrados como candidatos (falta a realización do curso básico para ser “voluntarios”). A poucas horas de que remate o prazo para inscribirse nos cursos de formación, anuncian que xa hai 10 interesados en ser novos membros.

A labor da Agrupación é unha clara mostra da importancia e o valor do voluntariado. Ademais de labor importantísima realizada na crise sanitaria que nos toca vivir, teñen participado en eventos destacados como o Cross de Boborás, o Enduro en Piñor, O Rali do Lacón de Clásicos, o Rali de Ourense ou a Subida da Saleta (Carballiño e Boborás) entre outros, así como en todos cantos levan acontecido dentro do termo municipal.