Novo brote no Concello do Carballiño de tres persoas

O novo gromo familiar detectado esta tarde presenta tres casos activos de coronavirus: unha muller de 20 anos e dous homes de 57 e 33 anos.

O brote orixinado nunha cea de compañeiros hai preto de dúas semanas no Carballiño ascende a 16 persoas coa detección dun novo caso positivo dun rapaz de 19 anos.

A día de hoxe, no servizo de atención primaria do Carballiño hai tres brotes activos: o orixinado cunha adolescente, un procedente dun brote máis grande en Ourense, o que falabamos orixinado nunha cea de compañeiros hai dúas semanas. Ademais hai casos illados que non teñen relación con ningún destes brotes.

AVANTAR ACTIVIDADES

A isto habería que engadir os 11 casos activos dos que informa o concello de San Cristovo de Cea.

O RIBEIRO

O gromo detectado en Avión ascende a 11 casos cun contaxio mais dun home de 64 anos.

Dende o venres, son 4 os casos positivos empadroados en Melón e 2 casos relacionados non empadroados neste concello. O concello informa que dúas persoas xa deron negativo na proba PCR.

O concello de Carballeda de Avia publicou unha nota informativa o pasado venres e notificou dous casos de coronavirus de persoas residentes no concello, que tiveron contacto con casos positivos de Ourense e Pontevedra.