A Xunta pon en marcha 13 novas Casas Niño, cinco en Ourense

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas para a creación de 13 novas Casa niño no rural. Actualmente Galicia dispón de 68 destes recursos de conciliación en municipios de menos de 5000 habitantes.

En concreto, as persoas beneficiarias proxectan a apertura de Casas niño en cinco en Ourense (Cortegada, Castrelo do Val, Verea, Quintela de Leirado e San Xoán de Río).

AVANTAR ACTIVIDADES

As Casas niño son un recurso de atención á infancia para os concellos do rural que ofrecen unha atención totalmente gratuíta para as familias, próxima e individualizada aos máis pequenos. Cada centro pode acoller ata a cinco nenos. Trátase dun programa pioneiro que ten como obxectivo dotar a todos os concellos de Galicia dun servizo de conciliación.