Ribeiro en Común reclama á Deputación a garantía do campo do Xestal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación asegura que o actual Alcalde viuse obrigado fai meses no Consello de Deportes a recoñecer os erros graves da obra do XESTAL. Para Ribeiro en Común, este arranxo continúa bloqueado e aseguran que seguirán reclamando unha solución para todos os veciños que utilizan estas instalacións.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na xornada de onte celebrouse unha nova convocatoria do Consello Municipal de Deportes. Ribeiro en Común volveu a plantexar este problema e tamén propuxo que na resolución para o uso das Instalacións Deportivas do concello por parte dos clubes, se realice respetando os principios de igualdade, equidade e proporcionalidade, para que ningún club se sinta agraviado.

Ademáis, para Ribeiro en Común o protocolo Covid-19 non se axusta á realidade xa que depende da normativa que as autoridades deportivas e as federacións establezan. Ribeiro en Común tamén alerta de que o pavillón de Maquiáns non se rcolle totalmente no protocolo.