A Xunta implementa novas medidas en residencias e centros de día para que poidan permanecer abertos

fabiola garcia visita a residencia de maiores porta do camiño
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Tanto os centros de atención diúrna como os residenciais terán que establecer grupos de convivencia estables dun máximo de 10 usuarios. Establécense tres niveis de risco con diferentes medidas: baixo, medio ou alto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nos centros para persoas con discapacidade mantense a recomendación de non realizar actividades grupais cando o nivel de risco é medio. Co risco alto evitarase a asistencia ao centro de persoas de máis de 65 anos.

En canto aos centros residenciais, flexibilízanse as visitas e saídas. Con risco baixo permitiranse visitas de tres ou máis persoas unha vez ao día. Cun nivel de risco medio, serán dúas as persoas de referencia e as visitas se espacian a dúas por semana. Nunha situación de nivel de risco alto, soamente poderá acceder ao centro para visitas unha persoa de referencia, unha vez á semana.