Tanto os centros de atención diúrna como os residenciais terán que establecer grupos de convivencia estables dun máximo de 10 usuarios. Establécense tres niveis de risco con diferentes medidas: baixo, medio ou alto.
Nos centros para persoas con discapacidade mantense a recomendación de non realizar actividades grupais cando o nivel de risco é medio. Co risco alto evitarase a asistencia ao centro de persoas de máis de 65 anos.
En canto aos centros residenciais, flexibilízanse as visitas e saídas. Con risco baixo permitiranse visitas de tres ou máis persoas unha vez ao día. Cun nivel de risco medio, serán dúas as persoas de referencia e as visitas se espacian a dúas por semana. Nunha situación de nivel de risco alto, soamente poderá acceder ao centro para visitas unha persoa de referencia, unha vez á semana.