ORDE do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

ORDE do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo
do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de
2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros
docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se
adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma
de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 adoptouse,
no eido educativo, a suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos
os centros de ensino non universitario.
Posteriormente, mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, declarouse o estado
de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19,
suspendeuse a actividade educativa presencial en todos os centros e etapas, ciclos, graos,
cursos e niveis de ensino recollidos no artigo 3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación, incluído o ensino universitario, así como calquera outra actividade educativa ou
de formación impartida noutros centros públicos ou privados. Durante o período de suspensión
manteríanse as actividades educativas a través das modalidades a distancia e en liña
sempre que resultase posible.
Por Resolución do 22 de maio de 2020 restablécese a actividade lectiva presencial no
curso 2019/20, determínanse as instrucións para o que resta de curso e adóptanse medidas
de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario
dependentes da consellería.
Con data do 11 de xuño o Ministerio de Educación e Formación Profesional no seo da
conferencia sectorial de Educación presentou un documento denominado «Acordos para
o inicio e desenvolvemento do curso 2020/21» e enviou tamén para coñecemento e alegacións
das CC.AA. o documento denominado «Medidas de prevención, hixiene e promoción
da saúde fronte ao COVID-19 para centros educativos no curso escolar 2020/21». Este
último documento foi revisado coas alegacións das CC.AA. e a súa versión definitiva ten
data do 22 de xuño de 2020.
O 22 de xullo de 2020 publícase na páxina web da Consellería de Educación, Universidade
e Formación Profesional a Resolución conxunta das consellerías de Educación,
Universidade e Formación Profesional e de Sanidade pola que se aproba o Protocolo de
adaptación ao contexto do COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia
para o curso 2020/21 (versión 22.7.2020).
Posteriormente, o día 27 de agosto de 2020 nunha reunión conxunta do Consello Interterritorial
del Sistema Nacional de Saúde en coordinación coa Conferencia Sectorial de
Educación someteuse á consideración das comunidades autónomas o documento denominado
«Declaración de actuacións coordinadas en saúde pública fronte ao COVID-19 para
centros educativos durante el curso 2020/21 e en relación coa vacinación fronte á gripe». O
dito documento foi aceptado polas comunidades autónomas como conxunto de actuacións
coordinadas en materia de saúde pública e publicado no Diario Oficial de Galicia do 28 de
agosto de 2020.
Para aplicar as medidas contidas no citado documento ditáronse as «Instrucións polas
que se incorpora a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública
aprobada polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde Pública (DOG
núm. 174 bis, do 28.8.2020) e a actualización das recomendacións sanitarias do Comité
Clínico ao Protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto do COVID-19 nos centros de
ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21, na versión 31.8.2020.
En relación coas medidas contidas no Protocolo de adaptación ao contexto do COVID-
19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21 (versión
22.7.2020), estas novas instrucións teñen como modificación máis relevante o establecemento
de que, de forma xeral, se manterá unha distancia interpersoal de polo menos
1,5 metros nas interaccións entre as persoas no centro educativo, agás na educación infantil
e na educación primaria, ensinanzas en que a organización do alumnado se establecerá,
con carácter xeral, en grupos de convivencia estable, en cuxo ámbito non se aplicarán
criterios de limitación de distancia.
Esta variación da distancia interpersoal entre o alumnado obriga os centros educativos
a modificar a planificación e a preparación que realizarán para iniciar o curso académico
2020/21 axustándose ao Protocolo aprobado o 22 de xullo de 2020, facendo inviable
manter o comezo do curso académico para o día 16 de setembro nas ensinanzas da educación
secundaria obrigatoria, no bacharelato, na formación profesional e nas ensinanzas
especiais. Así mesmo, fai necesario que se diten unhas instrucións que establezan os
criterios que os centros educativos deben aplicar na configuración dos grupos de alumnos
e normas básicas sobre a autorización da cota de profesorado en cada centro educativo.

Na súa virtude, coa finalidade de ditar instrucións sobre o comezo do curso 2020/21,

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

ACORDO:
Artigo 1. Ámbito de aplicación
A presente orde será de aplicación aos centros educativos sostidos con fondos públicos
que imparten as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación
profesional e ensinanzas de réxime especial.


Artigo 2. Ensinanza presencial

  1. Con carácter xeral, a actividade lectiva será presencial para todos os niveis e etapas
    do sistema educativo, con prioridade para o alumnado de menor idade.
  2. Excepcionalmente, poderán impartirse semipresencialmente as ensinanzas de bacharelato,
    formación profesional, así como as ensinanzas de réxime especial.
    Artigo 3. Constitución dos grupos de alumnos nas distintas ensinanzas
  3. De forma xeral, manterase unha distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros nas
    interaccións entre as persoas no centro educativo.
  4. A distancia que se manterá entre postos escolares será a máxima que permita a aula,
    para a aplicación do criterio de medición, a distancia considerarase desde o centro das
    cadeiras.
  5. Se o tamaño da aula non permite as distancias previstas nos parágrafos anteriores
    adoptaranse algunha das seguintes medidas:
    – Retirarase o mobiliario non indispensable que diminúa a superficie útil da aula para
    tentar obter o máximo distanciamento posible.
    – Sempre que sexa posible, utilizaranse aulas alternativas de especialidade que teñan
    maior dimensión, tales como laboratorios, aulas de música ou similares.
  6. Se co previsto na epígrafe anterior non puidese manterse a distancia de 1,5 metros,
    logo da autorización da inspección educativa, optarase polas seguintes opcións:
    – Semipresencialidade rotatoria, agás na educación secundaria obrigatoria.

    – Instalación de anteparos ou separacións que garantan a protección individual do alumnado.
    Nos talleres de formación profesional e ensinanzas de réxime especial, cando proceda,
    adoptaranse medidas de seguridade usando pantallas de protección facial.
    – Desdobramentos do grupo de alumnos.
    Artigo 4. Ensino semipresencial rotatorio
    As ensinanzas que se relacionan no artigo 1 da presente orde poderán impartirse na
    modalidade de educación semipresencial rotatoria, presentándose como unha formación
    presencial para o alumnado que colla na aula ou no taller, e a distancia, ou simultánea,
    para o resto do alumnado do grupo, debendo o centro establecer unha rotación do alumnado
    do grupo nos dous tipos de formación, presencial e a distancia.
    Na formación profesional básica, os módulos de Comunicación e Sociedade e de Ciencias
    Aplicadas desenvolveranse no réxime de ensino presencial.
    Artigo 5. Autorización da cota de profesorado de cada centro educativo
  7. Unha vez autorizado o funcionamento dos grupos pola inspección educativa, a xefatura
    da inspección de cada xefatura territorial remitirá á Dirección Xeral de Centros e Recursos
    Humanos a proposta de incremento de profesorado de cada centro educativo para
    o curso académico 2020/21.
  8. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolverá definitivamente sobre o incremento
    de cota de cada centro, trasladarao á aplicación informática de edu.xunta.es/persoal
    e os centros procederán a solicitar as prazas correspondentes.
  9. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizará a adxudicación definitiva
    dos destinos provisionais para o curso académico 2020/21 do profesorado que imparte as
    ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de
    réxime especial.
  10. A toma de posesión do profesorado nos destinos adxudicados terá efectividade do 22
    de setembro de 2020.
  11. Sen prexuízo do anterior, o persoal funcionario de carreira e o persoal interino con
    nomeamento de interino ata o 15 de setembro de 2020 tomará posesión con efectividade
    do día 16 de setembro de 2020.

    Artigo 6. Formación do profesorado
    Antes do inicio do curso escolar impartiranse nos centros educativos galegos as seguintes
    accións formativas para o profesorado:
    – Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes.
    – Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto.
    Os centros da Rede de formación do profesorado ofrecerán aos centros educativos do
    seu ámbito de xestión o apoio necesario para que todo o profesorado interesado poida
    realizar os referidos cursos.
    Disposición adicional. Adiamento do inicio do curso académico nas ensinanzas de
    educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais
    Modifícanse os puntos 2 e 3 do artigo 5 da Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se
    aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos
    públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, que quedarían redactados como segue:
    «2. O día 23 de setembro de 2020 iniciarán a actividade lectiva as ensinanzas de 1º e
    2º de educación secundaria obrigatoria, 1º de bacharelato, 1º de formación profesional de
    grao medio e 1º de formación profesional de grao superior, e as ensinanzas básicas de
    educación para persoas adultas polas modalidades presencial e a distancia.
    O día 24 de setembro de 2020 iniciarán a actividade lectiva as ensinanzas de 3º de
    educación secundaria obrigatoria, 2º curso de bacharelato, 2º de formación profesional de
    grao medio e 2º de formación profesional de grao superior.
    O día 25 de setembro de 2020 iniciarán a actividade lectiva as ensinanzas de 4º de
    educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica.
    O alumnado de ensinanzas de artes plásticas e deseño e as deportivas incorporarase
    nas mesmas datas establecidas para o alumnado de formación profesional.
  12. O alumnado das demais ensinanzas de réxime especial incorporarase a partir do 23
    de setembro de acordo cos calendarios de organización e funcionamento dos centros».

    Disposición derrogatoria
    Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan á presente
    orde.
    Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento
    Autorízanse as direccións xerais de Educación, Formación Profesional e Innovación
    Educativa e de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan precisas
    para o desenvolvemento desta orde.
    Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
    A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de
    Galicia.
    Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020
    Román Rodríguez González
    Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade