A CH Miño-Sil finaliza a construción da depuradora de Vilar de Condes (Carballeda de Avia- Ourense)

O investimento realizado supera os 160.000 €, sufragadas nun 80% por esta administración hidráulica e o 20% restante polo Concello

A nova instalación cumpre os requisitos esixidos pola normativa vixente en canto a capacidade de depuración, primando a sinxeleza, menor custo e facilidade de explotación

AVANTAR ACTIVIDADES

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou as obras da depuradora do núcleo de Vilar de Condes en Carballeda de Avia (Ourense), que supuxeron un investimento de 162.261 €

Para poder executalas, ambas as administracións asinaron un Convenio de colaboración, o 11 de outubro de 2019, que inclúe a descrición das mesmas, a execución do proxecto, a porcentaxe de investimento e a entrega ao Concello, para o seu mantemento e conservación, unha vez terminadas.

Proxecto

O sistema de depuración que daba servizo ao núcleo de Vilar de Condes, estaba situado nunha zona moi próxima ao leito dun río e aínda que, en condicións normais funcionaba correctamente, en momentos de intenso caudal do río Campolongo, a instalación asolagábase, deixando de ser operativa e coa consecuente vertedura contaminante ao citado leito.

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil estimou necesaria a execución dunha nova EDAR no núcleo de Vilar de Condes, situada fose de zona inundable, dimensionada para depurar a totalidade das augas residuais do citado núcleo.

“A nova depuradora cumpre os requisitos esixidos pola normativa vixente en canto á súa capacidade de depuración das augas residuais, co menor custo de mantemento e explotación posible, e primando a sinxeleza e a facilidade de explotación”, matizou o presidente da CHMS.

“Esta nova instalación está dotada dun sistema de pretratamiento con reixa de debaste de grosos e arquetón con desarenador e aliviadoiro; tratamento primario con fosa séptica e cámara de descarga; e tratamento secundario con leitos bacterianos, pozo de rexistro para toma de mostras, medida de caudal tratado e condución de vertedura ao leito do río Campolongo” explicou Quiroga.

Estas actuacións, que comezaron o pasado 27 de abril, foron entregadas ao Concello de Carballeda de Avia o 7 de setembro, para a súa explotación, mantemento e conservación