Eladio Fernández de CxG en Punxín propón a formación dun Goberno de consenso

Eladio Fernández Vázquez, Concelleiro de CxG no Concello de Punxín, o amparo do
disposto no artigo 97.3 do ROF, presenta ante o Pleno da Corporación a seguinte

Publicidade


MOCIÓN: a formación dun GOBERNO de CONSENSO en PUNXÍN, por deixadez de
función do actual Goberno.

Exposición:
O acto administrativo máis importante en cada mandato das corporacións locais é a
aprobación do orzamento municipal. Sin iste instrumento xuridico non sería posible
gobernar nin dar cumplimento aos proxetos político dos gobernos municipais.
No Concello de Punxín o Alcalde e o seus Concelleiros viven lonxe de esta realidade.
No pasado Pleno o ser preguntado sobre Orzamento por o Concelleiro de CxG,
manifesta que “ o Orzamento de Punxín faino a Secretaria” e que ninguén dos
Concelleiros teñen responsabilidades en Facenda.
CxG non pode, nin debe, pasar de alto un ataque a democracia deste xeito. Actitudes
antidemocráticas dun Goberno fallido como o de Punxín. Si o Goberno se abstén de
facer o Orzamnento municipal, na práctica delega a facultade de gobernar en
persoas que non foron elexidos , cousa que é totalmente antidemocrática e ilegal.
Alcalde e Concelleiros DEBEN DIMITIR , porque son cómplices desta actitude
insostible por deixadez de funcións, faltando o compromiso cos vecinos, co resto da
Corporación, e favorecendo un desvio de poder antidemocrático.
CxG intenta con esta Moción correxir esta situación insostible, xa que hoxe o Goberno
non se senta no Pleno da Corporación, de facto xa non é Goberno, proponendo a
formación dun a cordo que costituia un novo Goberno de consenso entre os tres
partidos que conforman a Corporación.
Por tal motivo, CxG para subsanar o vacío de poder SOLICITA: Un pacto de gobernó
para a formación dun Goberno de consenso,formado por os tres partidos que forman
a Corporación (PP-PSOE-CxG)