Gabriel Alén toma posesión coma Delegado Territorial da Xunta en Ourense

anf preside a toma de posesion dos novos delegados territoriais da Xunta
Publicidade ASPADISI

Durante o acto de toma de posesión, Feijóo subliñou que “todos chegan despois de ter experiencia, non chegan a aprender” e, polo tanto, “van dar cumprida resposta aos problemas concretados en cada ámbito territorial”.

Deu a benvida a Gabriel Alén, “moi bo coñecedor da provincia de Ourense”, que como alcalde de Cenlle, na comarca do Ribeiro, “coñece ben que para colleitar a uva é necesario coidar a terra, as cepas, vendimalas e ter sorte”.

HIPER MASIDE

O presidente da Xunta anunciou, tras a reunión do consello do Executivo galego deste xoves 17 de Setembro, a substitución dos cinco delegados territoriais e, nesta provincia, Alén substituirá a Marisol Díaz Mouteira, que ostentaba o cargo desde 2015.

Gabriel Alén Castro naceu en Ourense en 1977, é profesor especialista en educación física

Foi Concelleiro de Cultura en Cenlle. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cenlle e foi elixido alcalde con maioría absoluta. O mesmo sucedeu en 2015 e 2019.

En marzo de 2020 presentou a súa renuncia para ir nas listas do PP ás eleccións galegas de abril deste ano.