O concello amplía ata o 30 de decembro o cobro da taxa sobre vehículos de tracción mecánica

IES CHAMOSO LAMAS

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a modificación das datas establecendo como derradeiro día de cobro en voluntaria do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) do 2020, o 30/12/2020. No caso daqueles contribuíntes que teñan pagado en período executivo o recibo e soliciten a devolución da recarga executiva procederase á súa devolución por ingresos indebidos. O pago farase mediante transferencia bancaria ou nos caixeiros automáticos das entidades colaboradoras. Non se poderán facer pagos mediante o sistema do TPV, instalados nas oficinas municipais.