O Partido Popular pide varias modificacións fiscais para o 2021

A formación asegura que a situación débese adaptar toda a política fiscal do Concello as novas circunstancias, reforzando a axuda para a recuperación económica da veciñanza.

Propoñen que a modificación de taxas e prezos públicos para o ano 2021 se tome en consideración que o IPC do período Agosto de 2019 a Agosto de 2020 foi negativo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con respecto á ordenanza do IBI a formación asegura que non parece lóxico subir o tipo do IBI ata o 0,54% na situación económica actual, propoñendo manter o 0,48%.

No imposto de recollida de lixo propoñen a creación de ramos por metro cadrado de superficie en varias actividades, asegurando que o sistema actual xera inxustizas, o facer pagar aos locais mais pequenos a mesma cota que outros moito mais grandes.

Da mesma forma, recomendan modificar a cota de certas actividades para incluílas nun capítulo máis axeitado a realidade actual, como o almacenamento de pensos, venda de películas, salas de festas ou axencias de viaxe. E destacan que durante este ano e o próximo debería derrogarse a ordenanza reguladora da taxa de terrazas.