Gómez Reino pedirá que Renfe restitúa as frecuencias eliminadas

Hoxe, Antón Gómez Reino, Secretario Xeral de Podemos Galicia e deputado no Congreso do grupo Galicia En Común, mantivo unha xuntanza telemática con integrantes da Plataforma pola Defensa do Transporte Público de O Carballiño e Comarca

O seu presidente, Ramiro Bello, trasladoulle a Gómez Reino a sensación de abandono que hai na vila e na provincia de Ourense en relación ao transporte público, sobre todo no que ten que ver co ferrocarril. A Plataforma denuncia que esta situación leva xa moitos meses enriba da mesa, pero que se agravou tras o Estado de Alarma. Nese sentido denuncian que tan só existe un tren ao día á capital da provincia e que as frecuencias dos domingos a Compostela reducíronse, contando cun único ferrocarril. 
O voceiro de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, fixo súas ditas reivindicacións lembrando que durante esta semana presentarán unha Proposición non de Lei para que Renfe restitúa todas as frecuencias eliminadas durante o Estado de Alarma.

AVANTAR ACTIVIDADES