O Arenteiro celebra mañá o primeiro amistoso da provincia no Espiñedo

Mañá, o Estadio Municipal do Espiñedo celebra o primeiro partido dende o mes de febreiro, logo dun parón causado pola situación sanitaria. A taquilla estará aberta mañá dende as 16:30 horas e haberá un protocolo estricto de acceso ó campo.

O seu rival neste amistoso será a Sociedade Deportiva Compostela. Onte informaban de que as probas PCR realizadas deron negativo ó xogador que tivera contacto cun positivo e ningún compañeiro presenta sintomatoloxías. O pasado mércores, o plantel completo do Arenteiro tamén facía as probas serolóxicas, así como o equipo técnico e directiva, con resultado negativo para todos eles.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademáis, a Real Federación Galega de Fútbol xa fixo o sorteo para a primeira xornada de liga, prevista para o 18 de outubro. O Arenteiro terá que competir co Arosa S.C.