O alcalde de Leiro referenda a súa postura da viabilidade de manter ó concello dentro da Mancomunidade

Publicidade ASPADISI

O alcalde de Leiro referenda a súa postura da viabilidade de manter ó concello dentro da mancomunidade, contrastando os datos amosados polo partido socialista

VIDEO

HIPER MASIDE

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, quixo rebater as cifras que o PSOE argumentan para asegurar que pertencer á Mancomunidade non é rendible. En relación o coste dos servizos de recollida de lixo, os socialistas apuntan a que tamén se disparou pasando de 43,75 € de coste por veciño en 2017 a 81,72 en 2019, pese as subvencións recibidas en 2019 por investimentos e obras

Os socialistas apuntan que dos 331.589,51 euros de subvencións para os servizo sociais, correspóndenlle 64,13 a cada un dos 5.170 veciños que pertencen a entidade, namentres que na Mancomunidade limítrofe dispoñen dun total de 891.938,07 euros para unha poboación de 6.987 veciños. Os socialistas apuntan tamén que en termos globais, os concellos aportaron uns 32.000€ para o servizo de axuda no fogar e que a aportación global da veciñanza dos 5 concellos superou a media dos 70.000€ nos últimos anos

PUBLICIDADE