Begoña Graña gaña o XVII premio “Pura e Dora Vázquez” de narración

Reunión do xurado do premio Pura e Dora Vázquez (sección de narración) na Sala de Xuntas da Deputación Ourense formado por: Patricia Torres Madureira (Deputada de cultura da Deputación Ourense), Luis Gulín Iglésias (Representante do PSdeGa-PSOE), Isabel Mociña González (Representante do BNG), José Manuel Fernández López (Representante do PP), Xan Xosé Rodríguez González (Representante de Cidadáns) e Ana Malingre Rodríguez (Funcionara da Deputación Ourense) facendo as funcións de secretaria.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Begoña Graña Suárez, médica do servizo de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC), vén de gañar coa obra Adrán e a fábrica de xeo (presentada baixo o lema «Xío») o XVII Premio de literatura infantil e xuvenil “Pura e Dora Vázquez”, na modalidade de narración, dotado con 1.500 euros e que convoca a Deputación de Ourense. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O xurado, que se reuniu esta mañá no Pazo Provincial, destacou da obra premiada o seu propósito docente, “cun valor pedagóxico engadido ao ser capaz de propoñer xogos por medio de experimentos”. A obra abonda nas relacións interxeracionais, e que pon o foco en temas de actualidade, como o dos migrantes, dando así unha perspectiva intercultural, coa vida na aldea, que presenta como unha existencia en liberdade. 

O traballo gañador “ten unha perspectiva de divulgación científica, con grande diversidade textual, pois aparecen receitas e experimentos que ofrecen ademais unha oportunidade moi interesante de aprendizaxe, cunha linguaxe sinxela e que se presta moi ben a ser ilustrada”, sendo este un dos compoñentes importantes deste premio. 

O xurado estivo presidido pola deputada provincial de Cultura, Patricia Torres, e integrado como vogais por José Manuel Fernández López, Luis Gulín Iglesias, Isabel Mociño González, Xoán Xosé Rodríguez González e Rochi Nóvoa, actuando como secretaria Ana Malingre. 

A obra gañadora é a primeira publicación non científica que realiza Begoña Graña Suárez, quen desde 2014 traballa como médico especialista no servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, onde dedica unha relevante parte da súa actividade diaria á investigación. Premio extraordinario de doutorado da Universidade de Santiago en 2016, durante a súa formación clínica e investigadora, a doutora Graña traballou en prestixiosos centros internacionais de tratamento, estudo e investigación do cancro, ademais de participar en varios proxectos de investigación, publicar diversos artigos en revistas de ámbito internacional e difundir os resultados do seu labor en múltiples eventos e reunións autonómicas, nacionais e internacionais.