Sanidade limita a cinco persoas as reunións en Ourense cidade e aplica restriccións ó Barco de Valdeorras

Continúan as restricións especiais impostas nalgunhas zonas da cidade. Para garantir o cumprimento da normativa anti-covid vaise reforzar a vixilancia mediante patrullas da Policía Autonómica.

O Comité clínico decidiu tamén a inclusión do Barco de Valdeorras, Sanxenxo e Meis no conxunto de concellos con restricións. As medidas publicaranse hoxe no Diario Oficial de Galicia e entrará en vigor as 00:00 horas desta medianoite, volvendo a revisarse en sete días.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entres estas restricións destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.