Novo brote familiar de tres persoas no Carballiño e un caso no CEIP Calvo Sotelo

IES CHAMOSO LAMAS

Ribadavia suma 3 casos novos no último brote familiar detectado, ascendendo a 7 persoas. O número total de casos activos de coronavirus neste municipio ascende xa a 19.

O CARBALLIÑO

HIPER MASIDE

Na tarde de hoxe rexistrábase un brote familiar de tres persoas: un home de 53 anos, unha muller de 46 e un menor.

Ademais, a ANPA do CEIP Calvo Sotelo informaba dun caso positivo nun rapaz de 5º curso. Oito nenos e nenas do grupo están en cuarentena. As familias afectadas xa están avisadas e á espera de que sanidade se poña en contacto con elas. Non hai ningunha liña de autobús afectada e a aula seguirá en funcionamento.