A Plataforma pola Defensa do Transporte Público pide reunirse co delegado territorial

No escrito danlle traslado do acordado polos membros da plataforma onde acordaban a necesidade de ter xuntanzas con todas as administracións e representantes políticos. Solicítanlle ten unha xuntanza na maior brevidade posible para trasladarlle e tratar as inquedanzas e os principios que defende o colectivo no tocante as necesidades específicas do transporte na comarca, e demandar o seu apoio nas nosas demandas.

En dita reunión queren solicitarlle permiso para poñer unha das pancartas da plataforma nas instalacións da estación de autobuses de O Carballiño; información sobre o plan que ten a Xunta de Galicia para a creación de unha estación intermodal en O Carballiño e información sobre o plan de mobilidade que hai para O Carballiño e as distintas conexións da vila e da comarca.

AVANTAR ACTIVIDADES