O Arenteiro xogará este mércores un amistoso contra o C.S.D. Arzúa

Este sábado, o Arenteiro deixou o marcador do Espiñedo a ceros contra o Lugo B. Adrián Presas, cun cabezazo á saída dunha pelota posta dende a esquina que devolveu o travesaño, tivo a mellor ocasión para os verdibrancos. O Lugo tampouco conseguiu marcar.

Ademais, o Arenteiro confirmaba nos últimos días unha das últimas fichaxes, o centrocampista brasileño Renan Zanelli, unha incorporación case cerrada ata o pasado sábado, que se confirmou ca presenza de Zanelli no amistoso do Arenteiro contra o Lugo B.

AVANTAR ACTIVIDADES

A seguinte cita será o mércores día 7 de outubro, ás 19:00 horas, no estadio do Espiñedo, contra o C.S.D Arzúa.