O Carballiño rexistra hoxe un brote familiar de tres persoas

coronavirus

Na tarde de hoxe, a Área Sanitaria de Ourense rexistrou un novo brote familiar no Carballiño, con 3 casos: 1 home de 46 anos e dúas mulleres de 41 e 33 anos

Ademáis, hai actualizacións con respecto ós brotes surxidos na xornada de onte. O gromo de catro casos procedente dun grupo de amigos ascende a seis con dous mais, unha moza de 27 anos e un home de 26. E o gromo de 8 casos ascende a 9 cun home de 47 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Ribeiro, o brote de Avión, con 3 casos medra a 4 afectados co positivo deunha muller de 46 anos.

Os casos continúan medrando no concello de Ourense, con novos gromos e aumento de afectados dos existentes.
O número de casos activos pasou de 475 a 501 nas últimas 24 horas. A meirande parte vencellados a gromos de carácter familiar.