A Escola Municipal de Fútbol suspende os adestramentos e as charlas cos pais

Ante a situación pola Covid 19, e as restricións impostas por este motivo, a área de Deportes do Concello do Carballiño, conxuntamente con C.D. Arenteiro, suspenden tanto as charlas que se viñan mantendo cos país/nais dos xogadores como os adestramentos da Escola Municipal de Fútbol.

Estas actividades retomaranse no momento en que mellore a situación e sexa posible continuar coa programación deportiva.

AVANTAR ACTIVIDADES