Conforme ás bases reguladoras para procesos selectivos e configuración de bolsas de emprego do Concello do Carballiño, aprobadas por resolución da Concellería Delegada de Persoal, convócanse os postos de traballo de operario/a limpeza de edificios e instalacións públicas para os edificios do concello.
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base decimo primeira, os aspirantes a este posto deberán estar en posesión de: permiso de conducir “B”.
A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral do concello dende mañá día 8 de outubro ata o día 14.
O proceso selectivo consistirá en contestar por escrito 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas. O tempo máximo de realización da proba será dunha hora. Ademais, haberá unha proba práctica proposta polo tribunal e relacionada co posto ofertado. O resto da información pode consultarse no taboleiro de anuncios e/ou una páxina web municipal www.carballino.gal