Máis dous españois pillabáns : Pepe Blanco e Montilla

César Varela García : Son do Carballiño, orgulloso de ter pertencido ao grupo de mozos da A. C. AVANTAR, profesor de E. MÉDIO en CANGAS DO MORRAZO por moitos anos , onde pillou o millor da cultura da BEIRAMAR galega; que millorou o seu galego morando seis anos no Brasil, pasou outra gran tempada en Londres, e logo em contacto coa cultura musulmana en Ceuta, onde se xubilou. Sempre ollando mundo con ollos de galego e militando sempre nas filas do nacionalismo.

Publicidade

Artigo : ” Máis dous españois pillabáns : Pepe Blanco e Montilla ”

Vimos de ler a nova de que dous ex altos membros do PSOE,( tanto que xa foron ministros ), veñen de “enchufarse” como consejeros de ENAGÁS, velaí  a nova:

¿ Quién dijo “ puertas giratorias ? : Dos históricos “socialistas “, Pepe Blanco y el ex president Montilla, fichan por ENAGÁS  como consejeros.

Dado que a empresa que os acolle é unha enerxética, penso, que millor que, o verbo deportivo “fichar”, non lle acaece tan ben como o de “enchufarse”, que era como se dicia nos tempos de franquismo para acceder ao corpo  de paniaguados do sistema.

Ven á miña lembranza unha conversa de hai anos con un filósofo monfortino, morador desde hai moitos anos en Pontevedra.

Eran aqueles tempos en que os que se “enchufaban ” eran Felipe González e Aznar; e comentaba, o meu amigo filósofo , cómo xa viñan de lonxe semellantes mañas !

Trouxo a colación a parábola evanxélica do MOORDOMO INFIEL, velaí:

 «Disse Jesus também aos discípulos: Havia um homem rico, que tinha um administrador; e este lhe foi denunciado como esbanjador dos seus bens.

 Chamou-o e perguntou-lhe: Que é isto que ouço dizer de ti? Dá conta da tua administração; pois já não podes mais ser meu administrador.

Disse o administrador consigo: Que hei de fazer, já que o meu amo me tira a administração? Não tenho forças para cavar, de mendigar tenho vergonha. Eu sei o que hei de fazer para que, quando for despedido do meu emprego, me recebam em suas casas.

 Tendo chamado cada um dos devedores do seu amo, perguntou ao primeiro: Quanto deves ao meu amo?

 Respondeu ele: Cem cados de azeite. Disse-lhe, então: Toma a tua conta, senta-te depressa e escreve cinqüenta.

Depois perguntou a outro: E tu quanto deves?

 Respondeu ele: Cem coros de trigo.

 Disse-lhe: Toma a tua conta e escreve oitenta.

O amo louvou ao administrador iníquo por haver procedido sabiamente; porque os filhos deste mundo são mais sábios para com a sua geração do que os filhos da luz.

 Eu vos digo: Granjeai amigos com as riquezas da iniquidade, para que, quando estas vos faltarem, vos recebam eles nos tabernáculos eternos.

 Quem é fiel no pouco, também é fiel no muito; e quem é injusto no pouco, também é injusto no muito. Se, pois, não fostes fiéis nas riquezas injustas, quem vos confiará as verdadeiras?

Se não fostes fiéis no alheio, quem vos dará o que é nosso?

Nenhum servo pode servir a dois senhores; porque ou há de aborrecer a um e amar ao outro, ou há de unir-se a um e desprezar ao outro. Não podeis servir a Deus e as riquezas.» (Luca

Á vista do evanxeo , os ex ministros dirán, para xustificarse, que están seguindo ao pé da letra as ensinanzas dos seus antigos catequistas.

Sachar, non poden; pedir, dalle vergoña,….o  millor é…., co diñeiro do pobo, facer favores ás empresas enerxéticas mentras están no poder,  e logo, estas agradecidas xa lle devolverán os réditos CON UNHA BOA COLOCACIÓN.

Está todo no libreto , e dende hai moito tempo !

Ai.. ! señores ex ministros,… Non podedes servir a Deus e ás riquezas; non podedes servir ao pobo e ás vosas comenéncias ao mesmo tempo !

Entra todo dentro da pillería española reforzada ideoloxicamente, como vemos, polo noso catolicismo.

A cousa ven de lonxe…. !

Cando Rembrant, nos Paises Baixos, pinta o seu cadro da LECCIÓN DE ANATOMIA, os pintores españois están trasladando aos lenzos as ASUNCIÓNS, ASCENSIÓNS , , NATIVIDADES  e demais dogmas eclesiásticos, así como os fastos e figuras  das casas reales.

Mentras os médicos nórdicos están tratando de entender científicamente o funcionamento do corpo, en España, a disección de un corpo humano sería un delito tan grave que, loguiño acudiría o SANTO OFICIO para castigalo!

Velaí a explicación do retraso científico ibérico : o dogma antes que a ciéncia !.

Mentras os católicos acuden aos santos mediadores , que son moi “abogosos”,( sempre que acompañes da debida ofrenda), os protestantes prescinden das axencias mediadoras e van directamente a Deus.

Á coitada da VIXE MARIA fanna presidenta da axencia do amaño, ou sexa,: MEDIADORA DE TODAS LAS GRACIAS.

Cómo non vai haber  corrupción no noso tecido social, se o aprendizado que recebeu o noso pobo é que  “se podes corromper e mediatizar aos grandes do Ceo, como non vas poder corromper aos  poderes da Terra ? ”

Seica van chegar de Europa substanciosas axudas económicas para España !

Os europeus do Norte teñen que enviar aos famosos “homes de preto” para asegurarse que os picaretas españois empreguen os fundos, no que teñen contratado, e non o desvien o diñeiro para as suas comenéncias persoais.

Diferenzas entre as moralidade protestante e católica.

Hai ben tempo que se decatou deso  Max  Weber !

E mentras, os dous pillabáns están  instaladiños nos apoltronados tabernáculos de ENAGÁS, que o pobo paga pontualmente  coa sua conta mensal da enerxia !.

————————————————————————————————–

Outros artigos de César Varela :

A Pena dos Namorados : Amor ou confinamento ?

O NOME DE LAVANDEIRA : Pouco a ver coa auga

PARTÓVIA: posíbel orixe do seu nome