César Varela García : Son do Carballiño, orgulloso de ter pertencido ao grupo de mozos da A. C. AVANTAR, profesor de E. MÉDIO en CANGAS DO MORRAZO por moitos anos , onde pillou o millor da cultura da BEIRAMAR galega; que millorou o seu galego morando seis anos no Brasil, pasou outra gran tempada en Londres, e logo em contacto coa cultura musulmana en Ceuta, onde se xubilou. Sempre ollando mundo con ollos de galego e militando sempre nas filas do nacionalismo.
Artigo : ” A Pena dos Namorados : Amor ou confinamento ? ”
Ademáis da nosa PENA DOS NAMORADOS hai varios lugares na Galiza que gozan do mesmo nome:
Hai, na
parte de Pontareas, un tremendo penedo, semellante a un
dolmen natural, chamado tamén, A PENA DOS NAMORADOS.
Ao
redor do lugar cóntase unha fermosa
lenda dos amores entre unha doncela e un cabaleiro.
As ÍNSUAS DOS NAMORADOS, son una deliciosas paraxes que circunda o río Ulla ao
seu paso por Ponte Ledesma, enfeitadas con fermosas referencias ao seu ilustre
veciño, Neira Vilas, que residía noviciño lugar de Gres.
Sustemos a opinión de que os sentimentos
psicolóxicos, por individuais, non crían topónimos; porque a toponimia require
un asentimento social.
En consecuencia sostivemos que nomes como MONTALEGRE
ou MONTE do GOZO, nada tiñan a ver, na súa orixe, co sentimento de ledicia,
do mesmo xeito que RIOBÓO e RIO MAO en nada facían referencia á “
bondosidade” ou a “maldosidade”.
Pola mesma razón, ao feito de ter estado “namorado”, por ser una
situación persoal,non lle debe aquecer ter un lugar na Toponimia.
O namoro e mesmo o feito de escoller parella até o Romanticismo foi mais ben un
acordo social e familiar que un acto individual e persoal.
Non nos parece que en antigos tempos,onde as relacións sociais estaba tan
condicionadas pola relixión e as familias, tivesen os namorados un lugar
especialmente a iles adicado.
Tratemos de enxergar a necesidade social que
provocou que certos lugares do país lucisen o apelido de “…dos
namorados”.
A chave déunola a leitura da verba, AMORADO, no antigo dicionario portugués,
chamado de Viterbo. (Cito decorando): “ …e fulano de tal AMOROUSE,
porque matou um juiz…”
Estannos a dicer que o tal suxeito, non é que se namorase, senón que se
AMOROU, e portanto, fuxiu da súa casa,
da súa morada, da sua moradía, como falan aínda os portugueses.
O estatus social de “amorado” era o de un fuxido da xustiza, escapado da
xurisdición onde podía ser reclamado a render contas do seu delito.
Daquela había tamén igrexas “de refuxio” onde ninguén podía ser preso mentres
estaba baixo o seu amparo.
Do mesmo xeito que un delito en Oklahoma pode non selo en California, na Idade
Media habería diferentes xurisdicións e poderían zafarse da xustiza cunha
fuxida a tempo.
Noutra deliciosa paraxe, O Salgueiral de Leiro, nas beiras do Ávia, nun
escenario ben semellante ao citado de Ponte Ledesma, de augas e amieiros, hai
un lugar hoxe chamado de, O MISIEIRO; que nos retrotrae a un
medieval HOMICIDARIO, ou sexa o ponto onde se acollían os homicidas, os
escapados da xustiza.
Ás veces El- Rei recollía a toda esta xente “amorada” e “fora da lei”
outorgándolle una carta de povoamento en lugares deshabitados, ficando os
amorados redimidos como verdadeiros súbditos acollidos a carta-póvoa ou Foral.
Esta é a orixe de varias vilas galego-portuguesas que naceron de xeito moi
semellante as ciudades australianas repoboadas con convictos británicos.
Había pois, xente que se “amoraba”por cuestións legais, pero debía haber outra
xente que, aínda dentro da legalidade, tiña que “ amorarse” por razóns moi
diferentes.
Eran os apestados, os “gafos” ou “malatos”, xente que tiña pillado una doenza
contaxiosa e tiña que ser expulsa da súa comunidade.
Na saída de Pontevedra ainda se chama o río dos Gafos ao que baixa ao pé da capela
de San Roque, santo avogoso dos apestados.
A Malatería de Ferrol ten a mesma resonancia, era a solución que se lle daba ao
problema a nivel da cidade medieval; ingresalos en Gafarías ou Malaterías.
Preguntei a un alumno de Aldán por que lle
chamaban a Fonte Gafa, a una fonte do lugar, e respondeume que seu pai lle
dixera que antigamente levaban alí a morrer os vellos.
Veunos a mente aquela escena do filme xaponés de, A BALADA DE NARAYAMA , onde,
era tanta a pobreza daquelas aldeas que, cando seus pais eran vellos, os seus
fillos collíannos ao lombo e deitábannos no monte á espera do seu finamento.
Ou mesmo tema da situación dos vellos sen protección en sociedades tan pobres
como aquela tribo que aparece no filme UN HOME CHAMADO CABALO, onde a tribo
deixaba morrer a unha velliña india que ficara sen a protección do seu fillo,
caído nunha confrontación guerreira; estaba ás expensas de Richard Harris que
personificaba un guerreiro que acabou dando á muller a protección que a tribo non
era quen de darlle e evitando así a súa segura morte.
Cal non sería o drama de aparecer a peste nunha casa dunha aldea galega
da Idade Media?
Pensástedes as opcións que terían os familiares para lidar
con un caso semellante ?
Qué facer co doente ?
Se ficar na casa, corríase o perigo de estender o
andacio non só ao resto da familia, senón á aldea enteira.
Acontecía que no hospital da cidade, que estaba lonxe, non o admitirían, pois
era só para os habitantes do burgo.
A xulgar pola toponimia, o que facían era “amoralo”, ou sexa tiralo da
casa e instálalo neses lugares onde habería mais marxinados sociais, vivindo
nunhas modestas cabanas colmadas de palla ou mesmo covas, iso sí, sempre ao pé
de lugares con águas , como ríos ou fontes.
A bebida alí estaba asegurada, faltaba o pan.
No filme BEN –HUR escenifícase moi ben onde vivían os leprosos, e como os
membros sans da sociedade deixábanlle comida en lugares próximos, pero
suficientemente afastados para non contaxiarse.
Velaí pois, no noso entender ,a orixe dos topónimos de PENAS E ÍNSUAS DE
NAMORADOS; nada a ver coa cuestión individual do namoro e todo a ver coa
solución que a sociedade rural galega daquel tempo lle deu a dous candentes
problemas sociais: os fuxidos e os apestados
————————————————————————————————–
Outros artigos de César Varela :