A Deputación de Ourense entrega ao Banco de Alimentos 3.500 quilos de produtos alimenticios doados pola empresa Gesmedical Dis

Entrega de 3500 Kg de alimentos doados por Gesmedical a Deputación Ourense para entregalos ó Banco de Alimentos para súa posterior distribución pola provincia de Ourense. Asisten Manuel Baltar (Presiente Deputación Ourense), Jesús Pérez (Conselleiro-Delegado de Gesmedical) e Cecilio Santalices (Presidente do Banco de Alimentos en Ourense)

Esta iniciativa forma parte da estratexia de cooperación do goberno provincial contra a pandemia no ámbito social, unha iniciativa á que se une a adquisición días pasados por parte da Deputación de 41.000 máscaras, 40.000 luvas e 450 litros de xel desinfectante, e á doazón de 800 botellas da empresa Lixivia Sarmiento

Publicidade

O impulso da institución provincial na súa loita contra o COVID-19 reforzouse nos últimos días cunha medida para destinar 400.000 euros para material sanitario e coa aprobación, onte no pleno extraordinario, dun orzamento de 8,2 millóns de euros, destinado a novas accións para facer fronte á crise sanitaria, social e económica

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou xunto ao conselleiro delegado de Gesmedical Dis S.L., Jesús Pérez González, e o presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, no acto de recepción de 3.500 quilos de produtos alimenticios -cuxo valor supera os 7.500 euros-, que a Deputación entregou ao Banco de Alimentos, na súa estratexia de cooperación contra a pandemia do COVID-19. Baltar agradeceu a Gesmedical Dis “este importante xesto de solidariedade e colaboración, que fala alto e ben da responsabilidade social desta empresa, nun momento no que todos debemos actuar unidos #ante esta crise, e onde o ámbito económico xoga un papel fundamental”, expresou o presidente da Deputación de Ourense.

De feito, a importancia que o goberno provincial está a dar nesta crise á xestión e planificación económica tradúcese nas numerosas iniciativas que o presidente Baltar puxo en marcha nas últimas semanas neste ámbito, en favor de comerciantes, autónomos, empresas, cidadanía e concellos, poñendo especialmente o acento na reactivación e recuperación económica que a provincia de Ourense iniciará no mesmo momento en que se decrete o final do estado de alarma. “Estamos a prepararnos para iso con todos os axentes económicos e sociais, e iso daranos unha vantaxe competitiva que fará máis eficaz noso labor conxunto”, afirma o presidente, quen destaca o papel que está a xogar neste sentido o Comité do Día Despois, impulsado polo propio Baltar

A iniciativa solidaria da Deputación de Ourense e de Gesmedical forma parte da estratexia de cooperación do goberno provincial contra a pandemia no ámbito social, unha iniciativa á que se une a adquisición, días pasados, por parte da Deputación de 41.000 máscaras, 40.000 luvas e 450 litros de xel desinfectante -material entregado ao Posto de Mando Avanzado para repartir entre os concellos de Ourense-, e á doazón de 800 botellas da empresa Lixivia Sarmiento e tamén a achega da firma Adolfo Domínguez, que doou material sanitario. “Todo forma parte da estratexia que está a desenvolver a Deputación de Ourense, en colaboración con empresas e traballando coordinadamente coa Xunta de Galicia, para impulsar accións sociais e de planificación para a reactivación económica, dirixidas a combater os efectos que a crise do Covid-19 está a provocar na nosa sociedade”, explica Baltar

Precisamente, as medidas aprobadas onte en pleno -8,2 millóns de euros- intégranse nunha das liñas prioritarias do goberno do presidente Baltar: as axudas a autónomos, comercio e Pemes, que son máis de 4.000 en toda a provincia de Ourense, estratexia da que tamén forma parte a medida de destinar 400.000 euros para material sanitario, aprobada días pasados pola Xunta de Goberno da Deputación, que na súa reunión de hoxe deu luz verde a axudas económicas para infraestruturas, servizos e termalismo en concellos da provincia, contempladas nos orzamentos de 2020 da Deputación. Os concellos beneficiarios son: Bande, O Carballiño, Montederramo, Riós, San Cristovo de Cea, Toén e Vilar de Santos.

Tamén nesta política de colaboración fronte ao coronavirus, a Deputación e o Concello de Ourense acordaron onte asumir o custo da estancia e aloxamento dos efectivos militares en Ourense -en total, 50 integrantes- que do 1 ao 3 de maio realizará diferentes actuacións relacionadas con traballos de desinfección de residencias de maiores e outros espazos xeriátricos, na súa estratexia de cooperación para evitar a propagación da pandemia.