O Servizo Municipal de Emerxencias reduce a xornada por baixas na agrupación

Local de protección civil carballiño 19-5-14
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño ven de comunicarlle ao Centro Integrado de Atención Emerxencias (CIAE) 112 de Galicia a redución dos horarios de funcionamento do Grumir, a partir deste sábado.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así, a día de hoxe, dunha plantilla de once postos de traballo, unicamente están dispoñibles tres efectivos a xornada completa e un efectivo a media xornada, o que fai materialmente imposible prestar dito servizo durante 24 horas os sete días da semana.

O viuse na obriga de adaptar provisionalmente o horario de dito servizo. Dende este sábado soamente estará dispoñible dito servizo de luns a domingo, en quenda de mañá, con horario de 8:00 a 15:00 horas. Fóra desta franxa horaria, os avisos deberán ser desviados a outros corpos de emerxencias da zona, como pode ser o parque de bombeiros do Carballiño.