Aberto o plazo para presentar reclamacións as ordenanzas fiscais e as reguladoras dos prezos públicos no Carballiño

O BOP publica hoxe

O Pleno do Concello do Carballiño, na sesión do 2 de setembro de 2020, aprobou provisionalmente o expediente de ordenanzas fiscais e ordenanzas reguladoras dos prezos públicos para o ano 2021, integrado polas ordenanzas reguladoras de cada un dos tributos e prezos públicos municipais que experimentan modificacións para o exercicio 2021.

AVANTAR ACTIVIDADES


Sométese o expediente a exposición pública por un prazo de 30 días, dende o día seguinte ao da publicación no BOP de Ourense, dentro dos cales os interesados poderán examinalo e
presentar as reclamacións que estimen oportunas, segundo o disposto no artigo 17 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004,
do 5 de marzo.