Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXX) : “Javier Fraiz “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

40-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Javier Fraiz (Ourense, 1986)

Ten a súa orixe familiar na parroquia de Viña do concello de San Cristovo de Cea, unha terra á que está estreitamente vencellado ao ser os seus avós e os seus pais da aldea de Faramontaos. No eido profesional, Fraiz licenciouse en Xornalismo pola USC e traballa en Faro de Vigo desde o ano 2009, pero antes fogueouse con colaboracións noutros medios de comunicación como Onda Cero, Radio Nacional de España e a Axencia EFE.

Exerceu de cronista especializado en jazz e música independente, porque a música é a súa paixón compartida coa literatura. Durante quince anos formou parte da banda de gaitas de Cea, e na actualidade participa en tres asociacións veciñais ou culturais do seu concello.

Para máis, na citada Faramontaos, Fraiz deu nova vida a unha antiga construción que no seu día pertenceu ao priorado do mosteiro de Oseira.

En 2019 recibiu o XXIX Premio de xornalismo Carracedo, que outorga a Deputación Provincial de Ourense polo seu labor profesional nas páxinas do seu xornal. Coa editorial Libros.com publicou o seu primeiro libro “Abro comijazz”, recollendo crónicas e entrevistas sobre o jazz, que abrangue un período de dez anos de concertos que foi seguindo e relatando.

A súa primeira novela é “Morte no espello” (Galaxia, 2022), do xénero policial e social, que a editorial resume como: “Hai vidas moi afastadas que se conectan nos seus finais. Un cadáver no lugar e na situación máis insospeitados. A demostración de que as aparencias, que constrúen os prexuízos, son falibles. O poder concibido como un exercicio de impunidade. A falsa moral, a dobre vida. O sexo, en ocasións, é só unha transacción que vincula mundos distanciados. A culpa é o maior medo dunha autoridade que vive e fai gala da exemplaridade. A vocación dos bos policías, os atrancos do xornalismo”.





Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIX) : “Quico Valeiras “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVIII) : “Moncho Iglesias Míguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVII) : “Raquel Piñeiro González “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVI) : “José Manuel García Iglesias “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXV) : “Bautista Goyel Álvarez Domínguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIV) : “José Manuel Vázquez Senra”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIII) : “Serafín Portugal Soto”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXII) : “Rafael Otero Janeiro”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXI) : “Modesto Hermida García”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Cesáreo Sánchez Iglesias”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Francisco Fumega Piñeiro”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “