O Carballiño acumula hoxe domingo 132 casos de Covid-19, 8 casos máis ca onte

coronavirus

O concello do Carballiño informa que, na xornada de hoxe, os casos de coronavirus no municipio son 132, 8 casos máis ca onte. O concello de Boborás mantén os 12 casos dos que informabamos onte, igual ca Cea, que mantén os seus casos e San Amaro e Piñor 2 casos cada un. Os municipios que soben son O Irixo, con catro casos máis ata chegar ós 8 positivos e Beariz, que suma un caso ata os cinco positivos. Maside, pola contra, é o único concello da comarca que baixa, cun caso menos que o sitúa en 6.

Dende o pasado venres, o municipio pasa a nivel 3 de restricións, o que supón un incremento nas medidas xa impostas sobre todo no ámbito da hostalería, que non pode servir no interior dos establecementos. Recordamos que a mobilidade na comarca non se ve afectada. A Policía Local realiza controis diarios sobre o cumprimento desta normaiva na vila.

AVANTAR ACTIVIDADES