Aberto o plazo para reclamacións e alegacións a modificación do anexo de subvencións no Concello do Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

Unha vez aprobada inicialmente, por acordo do Pleno, con data 02/10/2020, a modificación do anexo de subvencións do orzamento municipal para o ano 2020, conforme artigo 169 do Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo e o artigo 20 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva polo prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, para os efectos de reclamacións e alegacións.


De conformidade co acordo adoptado, a modificación considerarase definitivamente aprobada, se durante o citado prazo non presenten reclamacións.